top of page

Aberto o prazo para inscrición no Nadal Lúdico de Tordoia

O Concello de Tordoia anunciou hoxe a apertura do prazo de inscrición do Nadal Lúdico 2022, que se prolongará ata o 19 de decembro. Esta actividade vai dirixida a nenas e nenos nados entre 2006 e 2018. Terá un horario de mañá (9h a 14h) durante todas as vacacións de Nadal, excluíndo os festivos e as súas vésperas.


Cun prezo de 15 €, a inscrición pode facerse chamando á Educadora Familiar municipal (650 070 085).




Comments


bottom of page