top of page

Abre o prazo de inscrición nos obradoiros culturais de Oroso



O Concello de Oroso vén de presentar a súa oferta de obradoiros culturais para este curso, con actividades de mecanografía, danza bollywood, patchwork, maxia, debuxo e traballos manuais. As actividades diríxense tanto á infancia como ao público adulto. O prazo de inscrición comezou hoxe, luns 13 de setembro, e rematará o próximo 27 de setembro.


Pódese solicitar máis información e inscricións no concello ou no centro cultural no teléfono 981 690 903. As solicitudes presentaranse no rexistro municipal do concello de Oroso de 9 a 12 horas ou telematicamente. Darase preferencia aos empadroados/as no Concello de Oroso. Ademais, realizaranse descontos para familias numerosas.

Comments


bottom of page