Oroso acolle o próximo sábado, 18 de decembro, a representación de 'Derriba da lúa', un espectáculo de 'Rilo&Penadique' dirixido a nenos e nenas de 0 a 3 anos. Tamén terá lugar, o mesmo día, un obradoiro de bonecos de neve para maiores de 5 anos. Ambas as dúas actividades forman parte da programación de Nadal, que o Concello define como "chea de maxia e con moitos actos centrados sobre todo nos máis pequenos e no público familiar".
Ademais, o Concello avisa de que mañá, venres 17, remata o prazo para participar no concurso de postais de Nadal con mensaxe.
A concelleira de Cultura de Oroso, Vanesa Boo, destaca “a diversidade da programación, planificada para que os nosos veciños e veciñas, independentemente da súa idade, poidan disfrutar das actividades”.
Comments