Adiada a actuación de Cora Velasco na Semana Cultural de Oroso
- Crónicas da comarca
- 1 sept 2022
- 1 Min. de lectura
Debido á predición de condicións meteorolóxicas desfavorables, a actuación musical de Cora Velasco programada para mañá na Praza Isaac Díaz Pardo no marco da "Semana Cultural 2022" de Oroso aprázase ata nova data, tal e como comunicou hoxe o Concello. A Semana Cultural celébrase estes días con gran éxito, como dan conta as imaxes do espectáculo "A Banda das Apertas", de Magín Blanco, que reuniu o martes a ducias de cativos e pais na explanada da piscina.

Comentários