Alerta por estafa dun falso técnico de gas en varios municipios da comarca
- Crónicas da comarca
- 15 ene 2021
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 22 ene 2021

Varios concellos da comarca de Ordes están a alertar á veciñanza da presenza dun estafador que se fai pasar por técnico de Repsol con uniforme da empresa. O individuo tería intentado actuar en Frades, Trazo e Mesía. A Policía Local de Ordes lanzou a alerta onte pola tarde pedindo que se extremen precaucións.
Pola súa banda, o Concello de Mesía alertou tamén hoxe do "estafador do gas". Segundo as informacións con que conta o Concello, actúa só e asegura querer cambiar algo na instalación. O estafador xa actuou con éxito no municipio, segundo conversas do Concello coa Garda Civil. O Concello alerta á poboación "sobre calquera tipo de revisión" e pide que se reclame sempre a identificación do técnico ou se chame antes á empresa suministradora.
O máis importante, recordan, é non pagar nunca en efectivo. Piden tamén que a veciñanza alerte aos seus coñecidos que residan sós. Dende o Concello tamén están a incidir neste aviso a través do persoal de axuda a domicilio e da xente que máis contacto ten cos maiores.
Por outro lado, a garda civil tamén informa de que se están a cometer pequenos roubos na zona. Algúns non se están denunciado. É moi importante que se denuncie sempre, recorda o Concello, posto que é a maneira de seguir a pista dos ladróns. Pódese facer na Garda Civil de Ordes -981 68 00 30- ou no Concello -981 68 70 01-.
Comentarios