O pasado sábado 24 de xuño, o Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, presentou o programa Xacobeo Xove no Paseo do Carboeiro en Sigüeiro. Fíxoo acompañado polo alcalde, Alexander Doval.
O programa Xacobeo Xove, ofrece descontos de ata 200 euros como máximo á mocidade galega para cubrir gastos de aloxamento e manutención en establecementos turísticos do Camiño. Pretende deste xeito fomentar as rutas xacobeas entre as novas xeracións.
Os descontos, dirixidos a mozos e mozas que teñan o Carné Xove, entre 18 e 30 anos, serán comercializados polas axencias de viaxes minoristas, que incluirán un desconto de ata 200 euros sobre o custe total da viaxe.
Segundo as estimacións da Xunta de Galicia, este desconto cubrirá entre o 40% e o 50% dos gastos totais da viaxe, e estará vixente ata o 31 de decembro.
Comentarios