"(Algunhas) Cousas de Castelao" chega a Oroso o sábado 26
- Crónicas da comarca
- 21 nov 2022
- 1 Min. de lectura
O Centro Cultural de Oroso acollerá o sábado 26 de novembro ás 20h a representación da obra teatral "(Algunhas) Cousas de Castelao", de Artefeito Produccións e protagonizada por actores e actrices da Asociación Avante. O espectáculo, enmarcado no programa de dinamización lingüística "FalaRedes", é unha comedia inclusiva que busca a normalización da diversidade funcional e a defensa do galego. As persoas que desexen asistir poderán reservar a súa entrada no teléfono 698 184 590

Comentarios