top of page

Alternativa Oroso presenta alegacións aos orzamentos polo "abandono do rural"



O partido político Alternativa Oroso vén de anunciar a presentación de alegacións ao proxecto de Orzamentos 2023. A presentación destas alegacións, sosteñen dende a organización, provocará o regreso dos orzamentos a Pleno municipal.


Dende Alternativa por Oroso critican que as parroquias e aldeas do municipio sufran un "abandono global" mentres que se destina case un millón de euros á piscina municipal e se orzamentan o que consideran "obras fantasma" como a traída de auga a Marzoa, cuxo orzamento coidan insuficiente, ou o circuíto de Porto Avieira.


"Recordamos que hai parroquias en Oroso en pleno século XXI sen auga pública e sen alcantarillado", indican dende o partido en defensa destas alegacións. Contrapoñen esta situación coas retribucións dos órganos de goberno, que suman 280.000 €, o que consideran "excesivo". Tamén critican a construción dun carril bici habendo "pistas intransitables" na área rural.



En resumo, dende Alternativa Oroso sinalan na primeira das súas alegacións que "os orzamentos presentados son, na súa totalidade, inxustos e particularmente discriminatorios coa veciñanza das aldeas máis alonxadas da capital municipal, debido a que nos últimos anos non se realizaron inversións".



Comments


bottom of page