top of page

Andaina solidaria o sábado en Mesía



O Concello de Mesía organiza a súa primeira Andaina solidaria xunto coa asociación Asotrame co fin de recadar fondos para loitar contra o cancro de médula. Será este sábado 24 de xullo ás doce da mañá, cun percorrido circular de 3.3 quilómetros que sairá da Piscina de Xanceda ata a Praza do concello e volta as piscinas. Pregan acudir ás 11:30 h para organizar os grupos de saida escalonada.


Asotrame colabora co proxecto Adianthe, do servizo de Hematoloxía do CHUS, que pretende conseguir mediante unha aplicación de Intelixencia Artificial tratamentos máis personalizados e que consigan maiores beneficios para os doentes.


A inscrición pode facerse online. Hai once persoas inscritas ata o momento. Pódese coller un dorsal 0 e inscribirse cunha cuota de 3 euros ou facer un donativo. Haberá agasallos para as persoas participantes por parte do Concello de Mesía. Para quen non poida vir o sábado, pode facela ata o 31 de decembro pola súa conta. Haberá sinalización.


Comments


bottom of page