top of page

Anunciados os prazos de matrícula e renovación dos programas de conciliación en Oroso

A Concellería de Benestar Social de Oroso informou da apertura do prazo de matrícula e renovación de matrícula dos programas de conciliación familiar Bos Días Cole e Comedor (no CEIPP Camiño Inglés). O prazo de renovacións vai dende o luns 12 ata o venres 23 de xuño, e o de novas matrículas dende o luns 26 de xuño ata o venres 7 de xullo.


As renovacións están exentas do pago da matrícula. A pulicación das listas provisionais farase o 21 de xullo e a publicación das listas definitivas o 28 de xullo.


Comentarios


bottom of page