top of page

'Armados' de Manuel García Gerpe preséntase este mércores en Oroso


Oroso acolle este mércores 26 de xaneiro a presentación do libro 'Armados', do escritor Manuel García Gerpe. A presentación será no Centro Cultural Fernando Casas Novoa, na rúa da Cultura, ás 19h.


A presentación contará coa presenza do tradutor, Miro Villar; o editor,Henrique Alvarellos; o alcalde de Oroso Luis Rey; a concelleira de Cultura, Vanesa Boo; e a concelleira de Ensino, Isabel Fernández.


A entrada ao evento é libre ata completar o aforo. Durante a presentación, respectaranse todos os protocolos COVID-19 vixentes.

Kommentare


bottom of page