top of page

'Arrieira' o 25 de novembro en Cerceda


O vindeiro mércores, 25 de novembro, terá lugar a actuación de 'Arrieira' O camiño dos contos no Auditorio Municipal de Cerceda ás 17:30 horas. Trátase dun espectáculo de narración oral e música para todos os públicos.

Unha narradora e un músico farán ao público viaxar a través do conto tradicional e noutras ocasións esbozarán co seu camiñar novos vieiros, historias propias. Ninguén coñecía os camiños mellor que os arrieiros, homes na súa maioría. Contarase a historia dunha arrieira, coñecedora dos camiños e as súas xentes. No seu percorrido atopara historias de vida, seres míticos, lavandeiras e afiadores e coma un tesouro fora gardando todos aqueles saberes e sentires na súa memoria.


A inscrición pode facerse no 682 348 556 ou 981 68 50 36.

Comentarios


bottom of page