Arrincan as obras de pavimentación na rúa Vigo de Sigüeiro
- Crónicas da comarca
- 14 mar 2022
- 1 Min. de lectura

Hoxe comezaron as obras de pavimentación e arranxo da rúa Vigo en Sigüeiro. O alcalde, Luis Rey Villaverde, estivo na zona supervisando as tarefas, que consisten no aglomerado dun tramo que estaba deteriorado.
“A actuación forma parte do plan de renovación e mellora continua dos servizos e infraestruturas, tanto en Sigüeiro como nas parroquias de Oroso”, explica Rey.
Comments