top of page

Arrincan as obras de renovación do saneamento en Sar e Cabanas (Oroso)



O Concello de Oroso anunciou hoxe que deron comezo as obras de renovación da rede de saneamento e abastecemento entre os núcleos de Sar e de Cabanas, na parroquia dos Ánxeles. As obras teñen un investimento de 30.000 euros.


O alcalde, Luis Rey Villaverde, asegura que "un dos piares da nosa acción de goberno e a mellora e renovación continua dos servizos e infraestruturas públicas”. Estes traballos forman parte ademais da actuación conxunta no rural de Oroso durante o segundo semestre do ano, con diferentes obras que supoñen un investimento próximo aos 900.000 euros.



Comments


bottom of page