Arrincan as obras nas rúas Camposanto e Casavella de Ordes
- Crónicas da comarca
- 24 ene 2022
- 1 Min. de lectura

A partir de hoxe, luns 24 de xaneiro, lévanse a cabo obras nas rúas Camposanto e Casavella, as cales afectarán ao normal discorrer da circulación, informa o Concello de Ordes. Os usuarios e usuarias que circulen por esas vías farano de acordo co establecido na sinalización circunstancial que se instalará para o efecto. Ante calquera dúbida ou incidencia poden poñerse en contacto coa Policía Local. O Concello prega que se desculpen as molestias.

Comments