top of page

Artistas de 25 países reúnense nun novo certame internacional Góis-Oroso Arte



A localidade portuguesa de Góis acolle esta fin de semana a inauguración dunha nova edición do certame internacional Góis-Oroso Arte.


Este certame celébrase en xullo no municipio portugués de Góis, irmandado con Oroso, e en setembro en Sigüeiro. Como novidade, a mostra fará este ano unha parada intermedia no Concello de Cangas.


Ao concurso concorren obras de todas as disciplinas artísticas, incluíndo óleo, acuarelas, fotografía ou escultura.




Comentários


bottom of page