Así quedan as novas restricións ante a COVID-19 en Galicia
- Crónicas da comarca
- 21 jul 2021
- 2 Min. de lectura

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, comapreceu esta mañá para dar conta das novas decisións da Xunta ante o aumento de casos de COVID-19 nas últimas semanas no que xa constitúe unha quinta onda da pandemia.
A Xunta fai de obrigado cumprimento o que anteriormente eran recomendacións: só permitirá reunións en exteriores de ata 10 persoas e de 6 en exteriores, ou de dúas unidades de convivencia como máximo.
Na hostalería, nos concellos en nivel baixo esta funcionará ao 50% en interiores e 100% en exteriores como ata agora, como sucede en toda a comarca de Ordes agás en Oroso. Neste concello, en nivel medio, a hostalería funcionará ao 50% en terrazas.
En canto aos locais de ocio nocturno, Feijóo subliñou que, como xa estaba previsto, deberán permanecer pechados nos niveis máximo e alto, podendo ocuparse o 50% do aforo no interior nos niveis medio e medio-baixo e quedando o 75% en terraza no medio e ao 100% no medio-baixo, sempre acreditando proba negativa nas últimas 72 horas ou estar vacinado.
Sobre este punto, recordou que ademais seguirá sendo obrigatorio a instalación dun medidor de CO2; contar cun rexistro de clientes; o uso de máscaras e a distancia de seguridade; e o peche manterase na unha da mañá para a hostalería e nas tres para os locais do ocio nocturno.
En relación ás reunións, o presidente do Goberno galego destacou a solicitude ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da autorización para esixir o control nas xuntanzas, de xeito que se permitirán as reunións de non conviventes de máximo 6 persoas en interiores e 10 en exteriores, ou ben dous grupos de convivencia.
Oroso, con 28 casos, é o único concello da comarca de Ordes en nivel medio.
Opmerkingen