top of page

Así se reivindicou a diversidade na comarca de Ordes no Día do Orgullo



Hoxe, 28 de xuño, celébrase o Día do Orgullo LGTBI, unha data que pon o foco na situación e na loita polos dereitos deste colectivo. Os concellos da comarca non quixeron deixar pasar a ocasión de sumarse ás súas reivindicacións. Deste modo, o Concello de Ordes compartiu o manifesto impulsado pola Federación Galega de Municipios e Provincias onde se condena "calquera discriminación ou atentado" físico e verbal cara a persoas LGTBQI+. O manifesto defende procurar o benestar e respectoaos dereitos de calquera persoa independentemente da súa identidade ou orientación sexual e a preocupación ante o medre dos discursos de odio e intolerancia.





Tordoia tamén se sumou ao Día da Diversidade Sexual e á campaña da Deputación Provincial #Liberdadedeseredesentir pendurando a bandeira coas cores do arco da vella da casa do Concello. Idéntico xesto amosaron en Cerceda, Oroso e Trazo, coa finalidade de "sensibilizar, concienciar e reivindicar o día da diversidade sexual", sinalan no último concello.


O Concello de Frades tamén se adheriu á campaña "Liberdade de ser e ser e sentir!" promovida pola Deputación cunha web onde acceder a recursos educativos, vídeos, xogos didáctivos, contactos infantís e moitas máis iniciativas para sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual ou identidade de xénero.




Comments


bottom of page