top of page

As compañías de telefonía mobil anuncian a implantación de servizos de nova xeración en Cerceda



As operadoras de telefonía móbil, Telefónica, Vodafone e Orange, anunciaron que nas próximas semanas levarán a cabo o proceso de implantación de servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, nas bandas de 800 e 700 MHz en Cerceda, o que permitirá dispor de conexións móbiles de alta velocidade con mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica.


Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa televisión dixital terrestre (TDT), LLega700 é a entidade posta en marcha polas operadoras para solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión.


O proceso de implantación estase realizando de xeito paulatino por toda a xeografía española.

コメント


bottom of page