As luces xa alumean Oroso ata o vindeiro 6 de xaneiro
- Crónicas da comarca
- 2 dic 2020
- 1 Min. de lectura

As luces de Nadal de Oroso están acesas dende onte. Na liña do alumeado do ano pasado, o Concello quixo sorprender á veciñanza cun alumeado especial e variado, con elementos novos e coa intención de que Oroso viva unhas festas diferentes pero especiais.

“O alumeado é o primeiro paso e despois, en función tamén da evolución epidemiolóxica, presentaremos a mellor programación de Nadal posible nas actuais circunstancias”, explicou o alcalde, Manuel Mirás.

Comments