As novas promesas do fútbol sala de Frades destacáronse no Campionato Provincial
- Crónicas da comarca
- 1 jun 2022
- 1 Min. de lectura

O sábado 28 celebrouse o Campionato Provincial de Fútbol Sala en categoría benxamín, alevín e infantil nos pavillóns de Curtis e Teixeiro. O equipo benxamín de Frades conseguiu un grandísimo subcampionato despois de vencer nas semifinais ao conxunto Os Miudos (Muros) e perder na final contra o Curtis. O equipo alevín, pola súa banda, un moi bo 3º posto despois de perder nas semifinais contra o equipo do Vimianzo e gañar o 3º e 4º posto contra o conxunto de Codima (Santiago). O equipo infantil de Frades fixo un grandísimo subcampionato despois de vencer nas semifinais contra o Oza/Cesuras e perder nunha disputadísima final contra o conxunto do Corcubión.
Todos os participantes tiveron trofeos e medallas. Deste modo rematan as competicións en idade escolar de fútbol sala, donde as escolas deportivas muni cipaisde Frades rexistraron un extraordinario resultado final, afirman dende o Concello, que prometen "para a vindeira tempada máis e mellor".
Comments