O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, supervisou esta mañá as obras na praza do centro sociocomunitario Isabel Zendal. A Xunta apoia este proxecto con 67.000 euros e as obras estarán rematadas nunhas semanas.
O proxecto céntrase na urbanización e humanización da contorna desta edificación situada no Campo da Feira, e máis concretamente a carón da entrada ao paseo fluvial Ramiro Recouso. Unha das principais premisas deste proxecto é, precisamente, a integración con este contorno natural para o uso da veciñanza.
As obras consisten na contención de terras cara á beirarrúa e na explanación da área. Procedeuse á apertura de foxos, e posterior recheo, para a cimentación dos muretes das bancadas e xardineiras. Tamén se están a construir soleiras de formigón armado para as bancadas que conformarán a bancada que contará cunha pavimentación de formigón impreso. Unha vez executada esta parte procederase co axardinamento da zona superior, das escavas e da zona exterior cara ao río Mercurín. Plantaranse arbustos e árbores para evitar o impacto visual do muro de peche da parcela lindeira e do equipo de climatización do edificio. O sistema de rego será automático mediante aspersores emerxentes programables. A zona estará iluminada mediante un báculo e farois de baixo consumo.
Trenor lembrou que por comarcas en Ordes están a apoiarse dous proxectos en Ordes e Trazo.
Comments