A Consellería do Medio Rural permitirá de novo desde mañá mércores, día 20 de outubro, tramitar permisos para facer queimas de acordo coa normativa de aplicación, ao considera que as actuais condicións meteorolóxicas non son desfavorables. Desde o venres 22 poderán realizarse queimas previamente comunicadas.
As comunicacións e solicitudes de autorización de queimas poderán tramitarse a través da web do Medio Rural. En días laborables tamén se poderá chamar ao teléfono 012 para comunicar as queimas.
Para queimar restos agrícolas amoreados deberán comunicalo dous días antes. No caso de queimas de restos forestais amoreados, deberase solicitar unha autorización debido ao risco da actuación, sendo maior o proceso de tramitación. En todo caso, as autorizacións e comunicacións deixan de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.
Comments