As romerías de Santa Eufemia e San Mateo limitaranse ás misas
- Crónicas da comarca
- 16 sept 2020
- 1 Min. de lectura

O Concello de Trazo indicou hoxe que ante "a situación sanitaria actual causada pola Covid-19" é precisa "a adopción de medidas enfocadas á prevención, como a redución de aforo en espazos pechados e evitar aglomeracións que aumenten o risco de contaxio". Isto obriga "á suspensión dos festexos habituais que poidan favorecer a reunión dun gran número de persoas, como poden ser as actuacións das orquestras que teñen lugar tódolos anos nas que son, probablemente, as romerías máis emblemáticas da nosa contorna", as de Santa Eufemia e San Mateo de Vilouchada. A celebración dos actos relixiosos, pola súa banda, non se suspenderá, e celebraranse "respectando en todo caso o aforo pertinente e tomando tódalas medidas de prevención necesarias".
O horario da liturxia será o seguinte: Santa Eufemia (mércores, 16 de setembro) e San Mateo (luns, 21 de setembro): misas cada hora de 9h a 13h e pola tarde ás 18h e ás 19h.
Comments