As visitas guiadas ao dolmen de Cabaleiros continúan ata o vindeiro 30 de setembro, como lembrou onte o Concello de Tordoia. Durante este período de visitas achegáronse persoas de Pontevedra, Rodeiro ou Cea, pero tamén de Xaén ou mesmo de Suíza, para coñecer o dolmen.
As visitas realízanse os sábados, domingos e festivos entre as 11h e as 19h. Pódese solicitar máis información na caseta informativa situada xunto ao campo de fútbol da Rega ou ben chamando ao 608 722 340.
O dolmen de Cabaleiros, tamén chamado Casa da Moura, Casa dos Mouros ou Couza do Cacheiro, é un monumento megalítico situado na parroquia de Cabaleiros. Ben de Interese Cultural, é propiedade da Deputación da Coruña. Este dolmen é chamado tamén Casa da Moura porque, segundo conta unha lenda, unha moura, trasladou a pedra de 4,60 metros de longo sobre a cabeza, mentres tecía un vestido.
Comments