top of page

Atraco nunha xoiería de Ordes usando gas pementa contra a dependenta do establecemento

Actualizado: 12 jul 2022


Segundo fontes da Garda Civil, ás 19:25 de hoxe, luns 11 de xullo, tivo lugar un atraco nunha xoiería de Ordes. O atracador deuse á fuga depois de rociar á dependenta con gas pementa e levar un botín pendente de valoración. O caso está en mans da Policía Xudicial de Santiago. A víctima atópase xa restablecida, segundo o informe da Benemérita.

Comentarios


bottom of page