Baixa a incidencia acumulada de COVID-19 en Ordes
- Crónicas da comarca
- 9 nov 2020
- 1 Min. de lectura

O municipio de Ordes baixa un nivel no último mapa de incidencia acumulada semanal de COVID-19 feito público esta mañá pola Xunta. A capital da comarca sitúase agora en nivel laranxa, o que significa que detecta semanalmente de 14 a 21 novos casos da doenza a través de PCR. Sen variacións no resto da comarca: Oroso -pechada con Santiago- e Cerceda seguen en amarelo (de 7 a 14 casos semanais) e o resto de localidades, isto é, Frades, Trazo -tamém pechada con Santiago-, Mesía e Tordoia seguen en verde -ata sete casos novos por semana-.
Comments