top of page

Bota a andar o empréstito de axudas técnicas a persoas con discapacidade ou dependencia en Frades


O Concello de Frades e a Farmacia Ortopedia Divina Pájaro entregaron os primeiros empréstitos de axudas técnicas a veciñanza do municipio cunha discapacidade ou dependencia recoñecida e uns ingresos inferiores ao 150% do IPREM.


Os requisitos son que a persoa estea empadroada en Frades, non teña acceso á prestación de axudas técnicas por ningún outro medio e que a renda per cápita da súa unidade familiar non supere o 150% do IPREM. O servizo de préstamo será de 18 meses, salvo casos excepcionais.


O responsable da empresa concesionaria (Farmacia Ortopedia Pájaro Lago, de Ordes) xunto ao concelleiro de Sanidade, Manuel Marzoa, deron publicidade onte a este acordo cunhas fotografías en redes sociais.

Comments


bottom of page