Bronce para Daniel Loureiro Mosquera, do Atlética A Silva-Ordes, en lanzamento de xavelina
- Crónicas da comarca
- 5 abr 2022
- 1 Min. de lectura

O Atlética A Silva-Ordes informou hoxe de que o atleta Daniel Loureiro Mosquera acadou a medalla de bronce sub18 no Campionato de España de Lanzamentos Longos Menores en Castellón. No cuarto lanzamento, enviou a xavelina a 57,11 metros, unha distancia que lle permitiu subir ao podio na proba.
Comentarios