top of page

Buscan con drons á muller desaparecida en Oroso o día 5



Un amplo dispositivo coordinado pola Garda Civil sumouse esta mañá á busca da muller desaparecida o pasado día 5 no concello coruñés de Oroso.Desde as primeiras horas de hoxe, a Garda Civil puxo en marcha o operativo do que forman parte ademais de familiares, veciños e amigos, efectivos de Protección Civil de Oroso, de Santiago e Ames, a Unidade Canina de Rescate de Padrón así como os drons da Axencia Galega de Emerxencias e da Garda Civil.


Así, desde a primeira hora desta mañá, sumáronse ao operativo, efectivos de Protección Civil de Negreira, Val do Dubra, Boimorto e Teo, tamén, unha embarcación de Protección Civil de Padrón ademais do equipo de drons da Axencia Galega de Emerxencias que retomou novamente a súa intervención xunto cunha aeronave subacuática non tripulada do Servizo de Gardacostas de Galicia.


María Asunción Cardama Furelos, de 63 anos, desapareceu o pasado 5 de decembro.

Коментари


bottom of page