Cambio de data da ITV Agrícola en Tordoia
- Crónicas da comarca
- 2 dic 2020
- 1 Min. de lectura

O Concello de Tordoia comunicou onte que houbo unha nova modificación de datas na ITV agrícola e só se manteñen os días do mes de xaneiro. A unidade móbil estará ubicada na explanada da Rega (Cabaleiros) os días 11, 12, 13 e 14 do vindeiro mes. Estará en horario de mañá (9h a 13:30h) e tarde (15:15h a 18h). Pódese pedir cita no 902 309 000.
Commenti