O concello de Mesía e o CPI de Xanceda convida a toda a veciñanza a participar na andaina que terá lugar o día 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero, encadrada dentro do #camiñoaorespecto organizado pola Xunta de Galicia.
Sairase ás 11h do colexio ata chegar á praza do Concello. Alá, o alumnado lerá un manifesto da súa autoría.
As persoas participantes levarán un dorsal identificativo da andaina que se lles dará ese mesmo día no lugar de saída (no colexio). Faranse fotos que se compartirán nas redes.
No caso de que o tempo non acompañe quedarase no pavillón de Xanceda.
Comments