Un total de 39 veciños e veciñas de Frades participaron esta fin de semana nunha nova andaina polo Camiño Inglés, concretamente na quinta etapa entre Presedo (Abegondo) e Cabeza de Lobo (Ordes). A expedición percorreu un total de 16 quilómetros, de dificultade media-baixa.
A próxima etapa será a penúltima da iniciativa e tamén unha das máis longas: 19,8 km de dificultade media-baixa entre Cabeza de Lobo e Sigüeiro. Terá lugar o sábado 22 de outubro, con saída en autobús desde a Casa do Concello ás 8:30 horas e volta en bus dende a capital municipal orosá. O prezo mantense nos 10 euros por persoa. Inscricións no Concello de Frades ou chamando ao 981 695 567.
Comments