top of page

Case 60 participantes nos cursos de natación en Frades


Un total de 57 persoas, 44 nenos e nenas e trece persoas adultas, participaron nos Cursos de Natación organizados polo Concello de Frades. Unhas clases que tiveron lugar nas instalacións da piscina municipal de Frades nos meses de xullo e agosto. O alcalde de Frades, Roberto Rey, e os concelleiros de Deportes, Juan Carlos Portos Bra; e Piscina Municipal, Jesús Francos Sánchez, foron os encargados de entregar os correspondentes diplomas acreditativos ás persoas participantes, así como unhas lambonadas para as crianzas.

O Concello de Frades agradeceu o comportamento exemplar da gran maioría das persoas que asistiron ás instalacións respectando as normas contra a Covid-19, sobre todo dos máis pequenos, "que seguen dando exemplo de bo facer durante estes tempos de pandemia".



コメント


bottom of page