O Campionato de Galicia de Pista Cuberta nas categorías Sub 10, Sub12 e Sub14 tivo lugar a pasada fin de semana en Ourense con participación dos deportistas do Atlética A Silva-Ordes. O club local competiu a moi bo nivel, acadando boas marcas.
As medallas conseguidas correron a cargo de Alma Bello Iglesias, prata en 60ml; Juan Loureiro Mosquera, prata en lonxitude; Noa Rey Bravo, prata en lonxitude; e Alejandro González Viqueira, bronce en lonxitude.
Sen subir ao podio, o club tamén estivo representado por Xiana López (sexta en peso), María Estévez Vázquez (sexta en pértiga), Lara Liste Otero (sexta en lonxitude), Álvaro Patiño (oitavo en 50 ml)., Raúl Gude (60 ml), Carla Vilariño (60 m valados) Sara Vázquez (50 ml), Antón Raña (60 ml).
Por outro lado, Daniel Loureiro Mosquera viaxou a Madrid para participar no Campionato de España Sub16 de Pista Cuberta en salto de lonxitude, acompañado polo seu adestrador José Domínguez. Logo dunha competición moi reñida acabou clasificado en quinta posición.
Comments