O sábado 8 e o domingo 9 de Outubro vai disputarse en Pamplona o Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub16, para o cal a Federación Galega de Atletismo convocou os atletas máis senlleiros de cada categoría. A Atlética A Silva-Ordes terá representación feminina e masculina na competición. Por primeira vez, clasificáronse tres membros do clube para o equipo da selección galega, e catro se contamos coa filial, Nerea Martínez.
Deste modo, e tal como informan dende o clube, Noa Rey representará a Galicia na proba de 300 metros valos (47”34 MMT) e relevos 4x300. Pola súa banda, Alejandro Rey, fará o propio no lanzamento de Xavelina (45,52m MMT). En canto a María Estévez, será a representante como corredora de 1500 Obstáculos ( 5’23”60 MMT). A atleta da filial, Nerea Martínez (O Pino), participará en 100ml (12”38 MMT) e o relevo 4x100.
Para o clube, a mera presenza neste campionato é "o premio dunha gran tempada".
Comments