O Concello de Cerceda anunciou hoxe os prazos do período de inscricións para os cursos de natación na piscina municipal na tempada 2021-2022. Do 14 ao 15 de setembro as persoas empadroadas no concello de Cerceda poderán proceder á inscrición. Posteriormente, do 16 e 17 de setembro abrirán as inscricións libres.
O procedemento será presencial na propia piscina municipal. Poderan inscribirse ata tres nenos por persoa, e as prazas encheranse por orde de chegada. O horario de inscrición será de 9:30 á 13 horas e de 15:30 á 19 horas.
O Concello prega desculpas polas molestias ocasionadas pola normativa COVID, que obriga a limitar a oferta.
Comments