top of page

Cerceda acolle unha xornada para que empresas e autónomos aforren na factura da luz


No Viveiro de Empresas de Cerceda terá lugar mañá ás 20:00 a xornada "Novas tarifas eléctricas 2021, claves para un maior aforro", dirixido ás empresas e autónomos que queiran optimizar o seu consumo eléctrico logo das considerables subas do prezo da luz que tiveron lugar estas últimas semanas. Está organizada polo Concello, en colaboración coa Cámara de Comercio da Coruña e coa FEAPC, a Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña.


A xornada contará por unha banda coa presencia de Xosé Manuel Golpe Acuña, técnico especialista en Enerxías Renovábeis da FEAPC, que explicará o novo sistema de tarifas eléctricas, por que xurdiron estes cambios e as opcións de aforro baseadas no autoconsumo. Por outra banda, o supervisor técnico de UDESA David Castro Ramírez explicará na súa palestra como interpretar correctamente a factura e como realizar o seguimento do consumo e a revisión e mantemento das instalacións eléctricas, coa fin de lograr o maior aforro enerxético.


Con motivo da situación sanitaria e as restricións vixentes, o aforo é limitado, polo que para acudir ás charlas é necesario confirmar asistencia antes das 21:00 horas de hoxe no correo electrónico viecerceda@gmail.com ou chamando ao teléfono 881 981 553.

Comments


bottom of page