top of page

Cerceda asigna as competencias de goberno



Logo da celebración do Pleno de investidura, no que tomou posesión Juan Manuel Rodríguez novamente como alcalde do Concello de Cerceda o pasado 17 de xuño, o Salón de Plenos acolleu o luns 17 de xullo a sesión de organización, na que se deu a coñecer o organigrama da corporación cercedense para o vindeiro mandato 2023-2027.


Así, por parte do Partido Socialista de Cerceda e equipo de goberno, serán concelleiras e concelleiros da nova corporación o propio rexedor, Juan Manuel Rodríguez, acompañado de Cristina Capelán Cancelo, Francisco Javier Boquete, Jesús Rama, María del Carmen Martínez, Catrina Queijo, Silvia Lois, Ángel Gestal e José Óscar Golán.


Por parte do Partido Popular, serán edís David Lamas, Marta Grela e Alfonso Mosquera, e polo Bloque Nacionalista Galego, Alberte Sánchez. As sesións plenarias ordinarias celebraranse os últimos xoves de cada mes impar ás 21h.


As competencias serán repartidas da seguinte maneira: Cristina Capelán: concelleira de Cultura, Educación e Turismo; Francisco Boquete Cambón, concelleiro de Obras, Urbanismo, Contratos e Vida Saudable; Catrina Queijo: concelleira de Benestar Social, Igualdade e Comunicación; María Carmen Martínez Barreiro, concelleira de servizos de tecnoloxía, dixitalización e innovación; Jesús Rama Bello, concelleiro de Medio Ambiente, Instalacións Deportivas e Persoal; Ángel Gestal, concelleiro de Festas e Medio Rural; Silvia Lois, concelleira de Relacións Veciñais e Comercio, e Óscar Golán, concelleiro de Deportes e Dinamización.


A Xunta de Goberno Local estará conformada polas e polos edís Catrina Queijo, Silvia Lois, Ángel Gestal e María Carmen Martínez. Celebraranse as súas sesións ordinarias os mércores de semanas alternas ás 13:30 horas. En caso de ser festivo, trasladarase ao día hábil inmediatamente posterior.

Tenencias de alcaldía

As tenencias de alcaldía estarán repartidas da seguinte maneira: a primeira tenente de alcalde será Catrina Queijo; a segunda María Carmen Martínez Barreiro; o terceiro Ángel Gestal Gómez e a cuarta Silvia Lois Fraga.

תגובות


bottom of page