top of page

Cerceda asina un convenio coa Escuela de Porteros Nordés para abaratar as cotas das e dos alumnos

O Concello de Cerceda e a Escuela de Porteros Nordés asinaron o pasado venres un convenio de cara a nova tempada, na que se planea que esta actividade sexa máis accesible para a rapazada de Cerceda, que gozará de descontos nas cotas mensuais. Estiveron presentes o alcalde, Juan Manuel Rodríguez; Óscar Rama e Agustín Elduayen, de dita escola.


A actividade desenvolverase no Campo Municipal da Revolta, en Queixas, cuxo tapiz é de herba natural. Nordés é unha escola de tecnificación deportiva na que se fai traballo na posición de gardarredes. Terá lugar os mércores en quendas de hora e vinte, hora e media aproximadamente.





Comments


bottom of page