top of page

Cerceda busca unha transición enerxética "xusta"


O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, o de Tordoia, Eduardo Antonio Pereira Liñares, e o de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, mantiveron onte á mañá unha xuntanza co vicepresidente da Xunta, Francisco Conde, e os rexedores dos Concellos de Laracha e Carral para tratar o tema da transición ecolóxica. Foi nos Edificios Administrativos da Xunta de Galicia en Monelos, na Coruña.


O vicepresidente da Xunta de Galicia explicoulles os rexedores as bases que sairán desde o Ministerio para a Transición Ecolóxica e os fondos Next Generation. Trátase de 99 millóns de euros, dos que 9 millóns serán para financiar o soporte técnico dos proxectos, de cara a infraestruturas, e que están en fase de alegacións.


“Buscamos unhas bases menos encorsetadas que teñan en conta o feito de que existen municipios que se diversificaron en industria e servizos, que teñen que repotenciar estes sectores e para que sexa unha transición enerxética xusta ten que concibirse unha gradualidade en base aos concellos que están máis afectados, como é o caso de Cerceda", sinalou o alcalde, Juan Manuel Rodríguez.


O rexedor cercedense adiantou que “seguramente aleguemos contra estas bases para que abran un pouco máis as posibilidades de presentación de certos proxectos, ademais de que teñan en conta o impacto estrutural e particular no concello de Cerceda, que é o epicentro xa que a central térmica está instalada no noso municipio”, salientou.

Kommentare


bottom of page