A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ordes avanza coa programación de ‘Terra Activa’, a iniciativa na que colabora a Deputación da Coruña e promove a dinamización cultural e natural da comarca. Tras a celebración da primeira das actividades, ‘Tordoia Activa’, a programación terá continuación este sábado 29, coa festa do ‘Cochiño’, no Concello de Cerceda e coa ‘Convidada’, no Concello de Trazo.
A tradicional festa do ‘Cochiño’ volverá coa súa XXIV edición e contará co clásico xantar de degustación ás 14:00 horas. Ademais, durante toda a xornada, a veciñanza poderá gozar da música de distintas agrupacións. O evento rematará coas actuacións das orquestras ‘Cinema’ e ‘Panorama’.
Pola súa parte, ‘A Convidada’ dará comezo ás 16:00 horas, no Campo de Santa Eufemia de Trazo, e acollerá distintas actividades, como a mostra de artesanía, xogos populares e poesía. Ás 18:30 horas, tamén haberá actuacións de música e baile tradicional de ‘Os xeitosos de Trazo’ e ‘Faíscas de Pontraga’.
O programa concluirá con ‘Mesía Activa’ o vindeiro 9 de setembro.
Comments