top of page

Cerceda celebrou outra multitudinaria Festa do Cochiño


Cerceda celebrou o pasado sábado a vixésimo cuarta edición da súa afamada Festa do Cochiño, a gran cita gastronómica do verán. O Concello estima que acudiron preto de 10.000 persoas á celebración, na que se habilitaron máis de 100 carpas de particulares entre as zonas do centro da Terceira Idade, o Xardín Botánico e o Aquapark.


Na celebración degustouse o prato que lle da nome a esta festa, ademais doutros típicos da cociña galega como churrasco ou polbo. As agrupacións folclóricas San Martiño de Cerceda e Faiscas da Pontraga, xunto coa charanga A Santa Compaña, amenizaron esta xornada, actuando á noite as orquestras Cinema e a Panorama.




Comments


bottom of page