top of page

Cerceda organiza unha excursión á feira do cocido de Lalín



O Concello de Cerceda anunciou unha viaxe programada para o domingo 20 de febreiro de 2022 para asistir á Feira do Cocido de Lalín. Haberá 55 prazas habilitadas. A viaxe sairá do Moucho ás 9h e fará un percorrido por Lalín antes da hora do xantar. Comerase na Casa do Patrón, cuxo museo etnográfico se visitará despois. A volta cara a Cerceda será ás 19h.


A viaxe estará suxeita a calquera cambio que se poida dar pola situación sanitaria vencellada a COVID-19. Pódese pedir máis información chamando ao 981 68 60 68.

Comments


bottom of page