top of page

Cerceda realizou obras nas instalacións escolares



O Concello de Cerceda anunciou onte unha serie de obras de mellora das instalacións escolares "para que os nenos e nenas poidan desfrutar dunhas instalacións en condicións para a súa aprendizaxe". Como cada ano, salientan, "realizamos unhas labores de mantemento e melloras que van máis alo das nosas competencias como administración local".

De cara ao curso 2021-2022 amais da limpeza e mantemento que precisan os centros como todos os anos, leváronse a cabo actuacións complementarias.

No colexio CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro realizouse un illamento e pintaronse as aulas, ademais de levar a cabo unha limpeza de patios. Ademais, grazas á colaboración no proxecto Lupo, rehabilitouse arquitectónica unha aula. Fixéronse igualmente xestións coa Consellería de Educación para que se realice esta redistribución para manter a ampla relevancia dos dous centros dado que hai alumnos suficientes.


No Colexio CPI O Cruce están en fase de execución os acesos o colexio, realizando unha obra consistente na mellora da zona de aparcadoiro con unha capa de aglomerado, ampliación do vial de acceso, dotación de servizos de alumeado público, saneamento, recollida de pluviais e abastecemento de auga. Taménse levou a cabo a construción de beirarrúas e de muros de formigón armado para a contención de terras e varanda de protección, e a colocación de sinalización horizontal con pintado de bordes de vial, liñas de aparcamento e sinalización.

Ampliouse a beirarrúa na AC-400, para isto foi necesario levar a cabo a demolición da edificación existente na parcela colindante e muros de contención de formigón.Levouse a cabo a limpeza en profundidade do Colexio, aulas e zonas comúns, sendo unha actuación de carácter urxente, polo inminente inicio do curso escolar e polas obras levabas a cabo obras baixo a xestión da Xunta de mantemento na instalación; entre as que se atopan o cambio de ventás. Ademais, acondicionouse o muro limítrofe do patio do colexio coa piscina. Tamén se levou a cabo un acondicionamento e retirada do cableado antigo e instalación dun novo e de novas conexións eléctricas e de rede, así como a colocación e material eléctrico dun enchufe especifico no comedor para unha mesa quente. Podáronse as árbores do patio e retirouse a ramaxe. O baño, a aula e o patio de infentil foron acondicionados, engadíndose ao patio unha zona verde. As persianas foron reparadas, cambiando as caixas e substituíndose varias pranchas de escaiola do teito, naquelas aulas que o precisaban.

Derrubouse e acondicionouse, por último, a antiga biblioteca, coa retirada de escombro, cimentación, pavimentación e pintado de aulas solicitadas.

Comments


bottom of page