top of page

Cerceda repartirá composteiros domésticos



Desde o Concello de Cerceda, en colaboración con Sogama, vaise repartir unha nova remesa de composteiros domésticos. Todos aqueles veciños que quedaron sen o seu composteiro na anterior convocatoria, poden solicitalo a través do teléfono 881 864122 ou do correo electrónico: medio.natural@cerceda.es. As unidades son limitadas e entregaránse por estricta orde de solicitude, ata rematar existencias. Unha vez feita a súa reserva no teléfono indicado poderán pasar a recollelo no Campo da Feira de Cerceda o día 17.07.2021 a partir das 11:00 horas.


Ademais, colocouse na rúa o colector marrón para a recollida selectiva de fracción orgánica.

Comments


bottom of page