top of page

Cerceda súmase á solidariedade con La Palma



O Concello de Cerceda súmase a campaña de recollida de fondos para axudar ás persoas afectadas pola erupción de La Palma. Deste xeito poderán colaborar as veciñas e os veciños de Cerceda que desexen facer unha achega económica. Esta campaña responde a unha solicitude desde o Cabildo de La Palma, onde a prioridade neste momento é o de recaudar fondos para demadas concretas, como o aloxamento dos afectados.


As persoas interesadas poderán facelo de diferentes maneiras. Por unha banda, cunha transferencia bancaria co concepto ‘Donación volcán’ ao número de conta habilitada polo Cabildo ‘ES 47 2100 9169 0122 0017 9456’ (La Caixa).

A través do Bizum, pode facerse a doazón na pestana “Donación” empregando o código 03747).


O Concello de Cerceda agradece a súa colaboración á veciñanza que colabore nesta campaña.


Comments


bottom of page