top of page

Cerceda súmase ás "Clases sen fume"



O Concello de Cerceda participa na XVIII edición do programa educativo “Clases sen fume” organizado pola consellería de Sanidade. A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Catrina Queijo, entregou os premios do proxecto educativo e saudable xunto ao conselleiro de Sanidade, Julio Comesaña; a Directora Xeral de Saúde Pública, Carmen Durán; a Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judit Fernández ; e unha representante da empresa Monbus. Trátase dunha campaña de prevención do tabaquismo dirixida ao alumnado de 1º e 2º da ESO na que participaron 34 aulas galegas.

Comments


bottom of page