top of page

Cerceda terá un Centro Social e Cultural no edificio de Xesteda

O Concello de Cerceda inicia a reforma do edificio de Xesteda para convertilo nun Centro Social e Cultural. Esta semana tivo lugar a redacción da acta de replanteo previa ao inicio dos traballos, na cal participou o alcalde, Juan Rodríguez.


A través deste proxecto preténdese dinamizar a parroquia, dando tanto servizo como actividade á súa poboación a través dunha instalación acorde ás necesidades demandadas pola veciñanza.


Actuarase no acceso cara o primeiro andar desde o exterior polo baixo, así como un espazo fóra que servirá como aparcadoiro. No interior, adecuaranse os espazos do vestíbulo, o aseo e o almacén da planta baixa, o vestíbulo e o aseo da primeira planta así como as dúas salas multiusos do primeiro andar.


Tamén se executarán tódolos acabados interiores, en tarima de madeira laminada nas salas multiusos do primeiro andar, e en gres cerámico nos restantes espazos e colocaranse elementos de illamento térmico nas fachadas.


Realizarase igualmente unha renovación total da carpintaría e executaranse as instalacións de fontanería, saneamento, baixa tensión e alumeado.


Comments


bottom of page