top of page

Charla en Mesía sobre o impacto da produción eólica en persoas e animais



O ADS Mesía, en colaboración co Concello, organizan unha charla sobre o impacto da eólica e as liñas de alta tensión sobre as persoas e os animais, nomeadamente o gando. O evento terá lugar na propia Casa do Concello o martes 4 de outubro, entre as 4 e as 6 da tarde, e correrá a cargo do enxeñeiro e consultor xeobiolóxico Luc Leroy.


Dende a organización sinálase que "o concello de Mesía e a súa contorna están especialmente afectados pola futura implantación de novos parque eólicos que levan aparelladas infraestruturas como viais de acceso, liñas de alta tensión e subestacións eléctricas."

Kommentarer


bottom of page